A nosa historia


A Coral Polifónica Baiona A Real creouse en xaneiro de 1989 por veciños do Concello de Baiona. Hoxe está formada por 23 amigos, baixo a dirección artística de César Lorenzo Álvarez.

Dende a súa fundación é membro activo da Federación Coral Galega (Fecoga), sendo anfitrión da súa "Romaría Coral Galega" no ano 1992. No seu seo nace o Coro Infantil Baiona A Real, e varios dos seus integrantes forman hoxe parte da Coral. Percorreu toda Galicia en concertos e solemnizacións de Misas. Fóra ten actuado en Andalucía, Asturias, Portugal e Francia.

Ten obtido o longo dos anos moitos recoñecementos e premios polo seu bo facer: Participou en 1991 no "1º Encontro coralístico galaico-andaluz" No 2006 forma parte do "1º Encontro Internacional de corais da vila de Pórnic", xunto con dúas corais francesas e unha inglesa, acadando grande éxito entre os asistentes.

No ano 2000 gravou un CD coa axuda dos servizos de produción da Radio Galega. Participou na banda sonora da película "O lapis do carpinteiro" e na presentación do libro "Talasonimia da costa sur de Galicia".

    Dentro das súas actividades de animación cultural, destacan:
  • · A organización de concertos con coros de visita por Galicia: Coral de Samaniego de Vitoria (País Vasco), Coral Pol. de Gáldar (Canarias), Coral Pol. de Olite e Coro Mundi de Santesteban (Navarra), Coral Virivesca de Bribiesca (Burgos) e Ensemble Vocal "Fugue en Retz" de Pórnic (Francia).
  • · A organización dun concurso de poesía infantil.
  • · A organización de cursos de técnica vocal.
  • · A colaboración con grupos de música e baile tradicional.
  • · A organización anual do "Festival de Polifonía e Panxoliñas".

O seu repertorio é amplo, diverso e innovador, destacando a música contemporánea, tanto sacra como popular ou de raigames folclóricas de todo o mundo, con predominio das galegas, europeas e sudamericanas.